Loading...

O BAXI - Valencia, partido dedicado á sensibilización contra a violencia de xénero

UNIVERSITARIO FERROL
23 de novembro de 2023

Na mañá deste xoves tivo lugar a presentación do BAXI Ferrol – Valencia B.C., partido dedicado polo clube ferrolano á sensibilización contra a violencia de xénero e a loita pola igualdade efectiva entre mulleres e homes.

O acto, que tivo lugar no pavillón da Malata, serviu para refrendar o compromiso contra a violencia de xénero e seguir apostando pola igualdade efectiva entre mulleres e homes. A capitana do equipo, Marta Gómez, incidiu en que, malia a avanzar pouco a pouco, hai que continuar na liña de traballo actual na loita pola igualdade, apostando pola visibilidade do deporte. “É importante que a xente saiba que hai clubs nas súas cidades, que hai equipos como o noso, que é da máxima categoría de España e achegalo á xente, facéndoo visible e accesible para todos”.

A xogadora cántabra sinalou que o partido deste sábado, programado para as 20:15 horas no pavillón da Malata, é unha boa oportunidade importante para seguir mellorando na visibilidade, xa que “ven un dos mellores equipos de Europa e é unha oportunidade para que a xente poda gozar cun gran equipo, de vernos a nós xogar contra ellas e de crear un bo ambiente na Malata, como o que hai tamén nos últimos partidos”.

Pola súa banda, Lino López, que cumpriu 300 partidos ao mando do BAXI Ferrol, valorou a mellora da situación durante todos estes anos, “creo que é evidente que el deporte feminino, en especial o baloncesto, deu pasos moi grandes en todos os sensos: a nivel técnico, táctico, a nivel de clubs, de xestión, de todo, e está medrando nestes anos, pero iso non quere dicir que non teñamos que seguir a traballar todos da man para que a visibilidade do deporte feminino siga medrando a todos os niveis, a nivel de patrocinadores, de institucións, medios de comunicación”. Por último, volveu a lembrar que na loita pola igualdade o coñecemento é importante: “Sempre o digo, que invito a calquera persoa a vir ver un partido e disfrutar do espectáculo que se pode vivir na Malata, porque seguro que se engancha”.

En canto ao aspecto deportivo, o adestrador calificou ao partido como “moi complexo”, ante un equipo que pelexa por todos os títulos e ten un dos mellores cadros de xogadoras de Europa. Ante esto o BAXI debe afrontar o partido na liña dos dous anteriores ante Zaragoza e Avenida, para “seguir medrando, que o equipo trate de facer cada vez mellor as cousas tanto en ataque coma en defensa, intentando ser competitivas”. Pero sobre todo animou á xente a acudir á Malata, para gozar das mellores xogadoras e do mellor baloncesto que se pode ver en Europa.

0 Comentarios
Inicia sesión o regístrate para comentar
Lo último
Derrota en un partido loco
hai 2 meses
70-75
Victoria trabajada en Barcelona
Manuel Caínzos.
hai 5 meses
Derrota en la última etapa de los invencibles
Manuel Caínzos.
hai 5 meses
Derrota pola mínima no derbi
Manuel Caínzos.
hai 5 meses
Patrocinador principal
Patrocinadores oficiais
Club de Amigos
Patrocinador principal